Detalle

A Escola de Cantería expón no Casal de Ferreirós os traballos elaborados polo seu alumnado

A partir de hoxe, 16 de xuño, ás 12:00 e ata o día 30 poderanse ver no Casal de Ferreirós 39 obras do alumnado da Escola de Cantería realizadas en granito, madeira e escaiola

16 de xuño de 2017

Obra da Escola de Cantería

Desde hai máis de 38 anos a Escola de Cantería realiza, ao remate do curso, unha exposición dos traballos elaborados polo seu alumnado. Este ano, no Casal de Ferreirós e desde o 16 ata o 30 de xuño, poderanse ver 39 obras en granito, madeira e escaiola que amosan o traballo de modelado, positivado, baleirado, corte, pulido e fundición que elaboran as alumnas e alumnos nas diferentes materias que imparte a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra.

A exposición, que será inaugurada mañá polas deputadas provinciais Montse Magallanes e Chelo Besada xunto ao alcalde de Poio, Luciano Sobral, inclúe obras de Yeison Pérez, Raúl Moreno, José Gómez, Alessandro Rosales, Manuel Tosar, David Fernández, Alexandre Martínez, Adrián Besada, Valeri Yordanov, Daniel Moreira, Paulo Alves, Esteban Casas, José Manuel Arca, José Manuel Mosteiro, Víctor Manuel Casal, Daniel Acuña, Gabriel Miralles e Cristian Jabois.

Na actualidade cursan os seus estudos na Escola de Cantería un grupo de 41 alumnas e alumnos que rematarán o 23 de xuño. O vindeiro curso 2017/2018 comezará a principios de setembro.