Detalle

Amplíase o prazo de matrícula

17 de novembro de 2015

A Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra, centro de formación especializado na arte do traballo da pedra, amplía ata o 7 de xaneiro o prazo de matrícula de novo alumnado en calquera das especialidades impartidas no centro: Cantería, Mestre de Cantería e cursos de formación específica.

Os alumnos e as alumnas que desexen inscribirse neste novo prazo de matrícula deberán cubrir o formulario (pdf) e acompañalo do resgardo de abono de taxas.

A cota de matrícula oficial para o curso anual é de 114,50 euros.

Ademais deberán presentar a seguinte documentación:

• Fotocopia compulsada do DNI

• 2 fotografías tamaño carné

• Fotocopia compulsada da partida de nacemento

• Certificado dos estudos realizados (orixinal ou fotocopia compulsada)

• Certificado médico

As persoas que desexen matricularse deberán presentar a documentación requirida no Rexistro da Deputación de Pontevedra, nas Oficinas de Correos ou a través de calquera outro medio que contemple a Lei do procedemento administrativo común. O alumnado non deberá ter máis de 35 anos e deberá estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

Os estudos conducentes á obtención do título de Cantería teñen unha duración de tres anos. As persoas que completen este programa teñen a posibilidade de continuar a súa formación durante outros dous anos máis e obter así o certificado superior de Mestre de Cantería. Ademais a Escola oferta cursos de formación específicos, de máis curta duración, dirixidos a profesionais que desexen perfeccionar determinadas técnicas.